Fotograma do espectáculo audiovisual 586 cantos sobre as cantareiras do cancioneiro popular galego recollidos por Dorothé Schubath. Guión de Fran Rodríguez Casal e Laura Piñeiro. Música de Richi Casás, Frank Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.

586 cantos

Espectáculo AUDIOVISUAL CON MÚSICA EN DIRECTO | 45 min | 2024

SINOPSE

Peza realizada dende Memoria e Cinema para a sesión inaugural da XIX edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) en homenaxe a Dorothé Schubath.

Falecida en setembro de 2023, as súas investigacións sobre os repertorios folclóricos europeos trouxérona ata Galicia. A finais dos 70 e durante os 80 recorreu o noso país para recoller cancións, músicas e bailes, sempre con criterios científicos e introducindo a perspectiva das persoas informantes. Gran parte desa música popular foi creada e interpretada por mulleres que quedaron no anonimato do “colectivo” ata que chegou Dorothé e puxo os seus nomes a cada unha das composicións. O resultado dese traballo foi o monumental Cancioneiro Popular Galego, que se converteu nunha obra fundamental para o coñecemento do noso patrimonio, con máis de 5.000 pezas rexistradas por gran parte da nosa xeografía. A obra, realizada en colaboración con Antón Santamarina, foi editada a partir de 1984 en sete volumes pola Fundación Barrié.

Na actualidade, esas gravacións e os materiais que as acompañaban consérvanse no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, os cales foron utilizados para a realización desta peza en directo coa intención de amosar e trasladar á xente todo ese traballo e a realidade e contexto da música tradicional na Galicia daquela época.

  • Fotograma do espectáculo audiovisual 586 cantos sobre as cantareiras do cancioneiro popular galego recollidos por Dorothé Schubath. Guión de Fran Rodríguez Casal e Laura Piñeiro. Música de Richi Casás, Frank Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.

FICHA TÉCNICA

Músicos: Antía Ameixeiras, Fran Barcia, Tania Caamaño, Richi Casás
Dirección
: Fran Rodríguez Casal
Guión: Laura Piñeiro, Fran Rodríguez Casal
Montaxe: Laura Piñeiro
Documentación e asesoría de contidos: Isabel Vigo
Produción: Museo do Pobo Galego
Idea orixinal: MICE

GL