DOCUMENTAL | 57 MIN | 2022
SINOPSE
Hai algo moi especial en ser capaces de mandar un “cacharro” de aluminio -en palabras de Hal Levison- e poder lanzalo literamente dun puntapé a 600 millóns de kilómetros de distancia. El e cathy Olkin estiveron toda a súa vida soñando con estudar a fondo uns enigmáticos fósiles flotantes. Chegou o momento de facelo realidade. Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixoante misión espacial da nasa a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade, e cun toque de humor, así como inspirar a novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar convertíndose nos líderes dunha importante misión da nasa coma eles.
Durante tres anos acompañamos a un dos científicos planetarios máis recoñecidos a nivel mundial, e pai dunha controvertida teoría sobre a formación do sistema solar; unha muller afrodescendente que aos dez anos soubo que quería ser exeñeira e traballar para a nasa (e que o conseguiu!); un enxeñeiro con máis de dez misións espaciais ás súas costas e que está ahora a construir a nave espacial que levará á humanidade de volta á lúa; e unha científica que adica o seu tempo de lecer a adestrar adolescentes en robótica.
Producido por Somadrome coa subvención de AGADIC e a participación de CRTVG, Odisea, Curiosity Stream e RTVE.
VER ONLINE EN RTVE PLAY OU EN AGALEGA
FICHA TÉCNICA
Dirección: Ruth Chao
Guión: Ruth Chao, Alphonse de la Puente
Montaxe: Cris Liz
Segundos montadores: Óscar Pardo, Laura Piñeiro
Produción: Ruth Chao, Alphonse de la Puente
Dirección de fotografía: Santiago Raimundi
Banda Sonora: Juan Ramón Salgueiro