fotograma still da película documental os espazos en branco dirixido por bruno arias sobriño de xela arias

Os espazos en branco

NON-FICCIÓN | 76 MIN | 2023

SINOPSE

«Un filme de Bruno a Xela».

Un diálogo coa ausencia, un traxecto polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno por traspasar a figura pública da poeta Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.
As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias.

Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Realizada coa subvención de AGADIC e Deputación da Coruña. Coa participación de CRTVG.

  • fotograma still da película  documental os espazos en branco dirixido por bruno arias sobriño de xela arias

FICHA TÉCNICA

Reparto: Lidia Veiga, Sheyla Fariña, Melania Cruz
Dirección
: Bruno Arias
Guión: Bruno Arias, Lucía Ramiro Taboada
Montaxe: Bruno Arias, Laura Piñeiro
Produción executiva: Serea Films
Dirección de producción: Bea Villar
Dirección de fotografía: Miguel Gomar
Banda Sonora: Dani Cornes

Seleccións

Festival Cineuropa, Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego
Mostra Internacional de Cine Etnográfico, Actividade paralela
PLAY-DOC International Documentary Festival, Sección Galicia

Premios

Premio Mestre Mateo Da Academia Galega Do Audiovisual, Mellor Documental

GL